Activada para hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo

19 Xuño 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro para hoxe no litoral das provincias da Coruña e de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste mediodía dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa con ondas de 5 a 6 metros. Afectaralle ao noroeste do litoral da Coruña, ao norte de Vilán, e no caso do de Lugo, en torno a Bares.

Ademais, no oeste e suroeste do litoral coruñés producirase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo. Comezará ao mediodía de hoxe, por mar combinada de 4 a 5 metros e temporalmente ventos do noroeste de forza 7.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.