Abertas as inscricións para o Tríatlon Escolar de Porto do Son que se celebra este sábado 4 de xuño

02 Xuño 2022

Esta fin de semana o deporte xuvenil será o protagonista en Porto do Son. O motivo non será outro que a celebración da primeira entrega do Tríatlon de Menores que organizan o Concello, a Xunta e a FEGATRI e que dará cita a 350 participantes, cubrindo as categorías dende pre-benxamín até cadete.

O evento deportivo escolar desenvolverase o sábado 4 de xuño, con centro de operacións na dársena portuaria sonense (na fachada marítima acabada de remodelar e na céntrica praia do Cruceiro). As inscricións están abertas dende as 9.00 horas deste xoves 5 de maio.

As prazas dispoñíbeis son como dixemos 350. Cóbrense as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete (cada categoría contará con percorridos de diferentes lonxitudes).

O Tríatlon Escolar de Porto do Son inclúe unha proba de selección para o campionato por comunidades autónomas da categoría infantil.

As inscricións para o Tríatlon están abertas na web RockTheSport e tamén o están para a proba Nada e Corre (non competitiva).

Os detalles do evento foron dados a coñecer polo concelleiro Juan Pouso, quen salientou que se trata dunha das actividades deportivas punteiras deste verán en Porto do Son, xunto co Campionato de Taekwondo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.