A rianxeira Teresa Abuín gaña o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas cunha reportaxe sobre a suba do mar na nosa costa

06 Xuño 2022

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), fallou a sétima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2022, destinado a recoñecer e distinguir unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego. O premio entregarase nun acto que se celebrará o vindeiro 15 de xuño, ás 19 h no Pazo de San Roque de Santiago. O xurado acordou conceder o premio á reportaxe Costa inundable, da xornalista Teresa Abuín Tubío, emitida o 16 de xaneiro deste ano no programa Vivir Aquí da CRTVG e centrada na suba do nivel do mar en Galicia.

Teresa Abuín

O xurado destaca deste traballo “a súa boa planificación para abordar desde Galicia un tema global como é o cambio climático e o seu impacto na subida do nivel do mar”.

Tamén apunta “un tratamento exento de catastrofismo, con ampla riqueza de fontes e dotado dun bo hábitat sonoro que proporciona significado e sentido á narrativa audiovisual”. A galardoada recibirá unha dotación de 3.000 euros.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, Teresa Abuín (Rianxo, 1970) leva 27 anos traballando na TVG, en programas como Galicia Enteira, Alalá, No Bico un cantar e Vivir Aquí. Con anterioridade traballou en Antena 3 Radio en Madrid, na Asociación de Periodistas de Información Económica (APIE), na delegación de Santiago de La Voz de Galicia e na Produtora Olympus Comunicación.

“Eu son de Rianxo e vivo moi preto das augas da ría de Arousa. Cando gravamos esta reportaxe, en novembro do ano pasado, celebrábase en Glasgow o cumio do clima. Todos os días escoitabamos falar sobre a subida do nivel do mar e as súas consecuencias para a poboación en distintos lugares do planeta. De aí xurdiu a idea deste traballo. Do interese por coñecer a realidade desa problemática no litoral galego. Máis aló dos datos globais, interesábame saber se realmente se están a producir cambios na nosa costa e escoitar aos científicos que estudan as variacións do nivel do mar en Galicia”, explica Abuín.

Por outra banda, o xurado decidiu outorgar un accésit deste premio ao segundo traballo mellor valorado, a reportaxe A ameaza de macrogranxas na Limia, de Mar Álvarez Rama, publicada no xornal Nós Diario o 5 de febreiro deste ano. O xurado valorou que “é unha peza xornalística que aborda un tema de actualidade que afecta a Galicia, achegando diversidade de fontes e con certo alarde fotográfico e narrativo”. A galardoada recibirá unha dotación de 1.000 euros.

Mar Álvarez Rama

Mar Álvarez (Santiago de Compostela,1999) graduouse en Xornalismo pola USC en 2021 e na actualidade é alumna do Mestrado en Comunicación e Problemas Socioculturais da Universidad Rey Juan Carlos. Sinala que o das macrogranxas “foi un tema moi importante de tratar no momento no que se publicou pois, se ben o debate foi xerado polas declaracións do ministro Garzón un mes antes da publicación da reportaxe, resulta unha problemática de longa traxectoria no contexto galego que pouca veces se lle dá a importancia que debera. A través das declaracións das persoas afectadas ou de diversos colectivos ecoloxistas, fun quen de entender a gravidade do asunto, pois a contaminación xerada pola gandaría de carácter intensivo xa afecta á saúde das persoas, da Baixa Limia en especial pero tamén doutros moitos lugares de Galicia”.

O xurado desta edición estivo composto pola secretaria da RAGC, a académica Pilar Bermejo, que actuou como presidenta do xurado; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; o doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, Luís Manuel Villamor; a directora da Área de Centros de Gain, María José Mariño; e a técnico de comunicación de GAIN, Silvia López Ben.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...