A Pobra anuncia a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar

23 Xuño 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal atópase inmerso no inicio do proceso administrativo para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que actualmente empréstase a de maneira mixta: con seis traballadoras da Administración local e máis de vinte contratadas por unha empresa privada. Deste xeito, as empregadas externas pasarán ao cadro de persoal público.

Acompañada dunha das traballadoras sociais, Teresa Pérez, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), anunciou que os antecedentes deste proceso incluíron a redacción dun informe que analizase o estado actual do SAF (coa intención de detectar as posíbeis eivas ou opcións de mellora). Deste informe extraeuse “que a prestación directa do mesmo por parte de persoal municipal sería sostíbel”. A edil fixo fincapé na importancia desta iniciativa coa que se busca “garantir a estabilidade.” Esta cuestión levarase á sesión extraordinaria do pleno da Corporación para o día 30 de xuño, cuxo primeiro paso será a designación dunha comisión de estudo formada polo alcalde, a propia concelleira e persoal técnico do Concello. Esta delegación encargarase da elaboración, nun prazo máximo de dous meses, da memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financeiro da prestación do servizo público referido.

Cerecedo manifestou que se agarda asumir a xestión directa pública entre os meses de setembro e outubro unha vez concluído todo o proceso administrativo.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...