A parroquia de Carreira acolleu esta fin de semana a XVII edición da Carreira da Guía. Resultados

Este pasado sábado, 4 de Xuño, celebrouse en San Paio de Carreira a XVII edición da Carreira da Guía, este ano coincidindo no mesmo fin de semana que a tradicional romería que lle da nome. Por primeira vez, a carreira deste ano celebrouse sobre a distancia da milla (1.609 metros) para as categorías de adultos, e sobre distancias máis curtas para as categorías escolares.
Cerca de 150 inscritos, correron nun circuito diseñado dentro do Campo Municipal da Guía, nunha tarde cunha temperatura moi agradable para correr.

Os corredores de categorías “pitufos” e “prebenxamíns” recibiron todos unha medalla conmemorativa, mentras que os do resto de categorías recibiron os trofeos adxudicados ós tres primeros de cada categoría.

Os gañadores das distintas carreiras foron os seguintes:
 Benxamín: Daniel Pego Vilar e Carla Suarez Suarez.
 Alevín: Ronald Queneche Quiroz e Paula Silva Cadaval
 Infantil: Alvaro Costa Gude e Ágora Paz Paz.
 Cadete: Jairo Costa Gude e Irene Figuero Varela

Milla Femenina:
 1ª) Ararat Pazos Meixus, (Carril), categoría xuvenil, do equipo San Miguel de Marín:
5:34
 2ª) Clara Millares Sieira (Oleiros-Ribeira), categoría Veterana A, da Escola de Boxeo El
Canario: 6:06
 3ª) Noelia Lojo López (Boiro), categoría Senior, da Sociedad Deportiva Barbantia Roda
6:27

Milla Masculina:
 Míchel Fernandez García (Boiro), categoría Senior, da Sociedade Deportiva Barbantia
Roda: 4:40
 Pedro Pérez Villar (Carreira), categoría Senior, Independiente: 4:57
 Israel Benítez Somoza (Carreira), categoría Veterán B, Escola Boxeo El Canario: 4:57
 Juan Sicilia Barci (Cangas), categoría Veterán B, Raning Club: 4:57
 Alexis Buig (Rianxo), categoría Veterano A, Club Atletismo O Pino, 4:58