A OCU avisa de salmonella na carne picada de ave de Lidl

05 Xuño 2022

A OCU alertou da presenza de Salmonella en envases de carne picada de ave comercializados pola cadea de supermercados LIDL.

De momento non se coñecen afectados, pero, en caso de consumila, a OCU aconsella estar atento a síntomas tales como diarrea, vómitos e dor de cabeza durante as próximas horas. Se se observa calquera alteración, algo que non sexa habitual, é recomendable acudir a un centro de saúde acompañando unha foto do bote onde se lea a caducidade e o lote.

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria ( AESAN) foi informada polas autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma de Aragón e comunicouno canto antes.

Os datos do produto implicado son:
• Nome do produto na etiqueta: BURGUER MEAT PITO – PAVO
• Nº de RGSEAA: 10.027476/ Z
• Aspecto do produto e tipo de envase: Bandexa de plástico
• Número de lote: 3369
• Data de caducidade: 03.06.22
• Peso de unidade: 500 g.
• Temperatura: refrixerado.

Lidl Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.