A nova edición das Tardes de Verán en Noia celebraranse no local social da Barquiña e máis no Consistorio

23 Xuño 2022

O Concello de Noia presentou esta semana unha nova edición das Tardes de Verán, programa de lecer, creatividade e cultura para achegar actividades á rapazada e favorecer nas familias a conciliación en tempo de vacacións.

A axenda foi presentada por Socorro Creo, representante de Axóuxere, e Laura Salgado, concelleira de Xuventude. Segundo fixeron saber, os obradoiros e as actividades comezarán o vindeiro 4 de xullo e estenderanse ata o 2 de setembro, en horario de 19:00h a 21:00h. Poderán participar os nenos e nenas de 4 a 12 anos. O luns e o mércores celebraranse no local social de A Barquiña e os martes, xoves e venres no claustro da Casa do Concello. Organiza o Concello de Noia, a través da área de Xuventude.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.