A noiesa Esperanza Mara participará na celebración da Festa da Música convocada pola Deputación, o día 26

20 Xuño 2022

Jazz, cantos de arrolar e música clásica encherán de son o Teatro Colón o 26 de xuño, data na que o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programou a súa Festa da Música. Serán tres concertos, en tres horarios distintos e para todo tipo de públicos.

Esperanza Mara no Noia Arp Fest impulsado por Rodrigo Romaní

Comenzará o festival, ás 11.30 horas, con Tecendo sonos, un espectáculo dirixido especialmente a nenas e nenos de 4 a 9 anos, no que o público terá moito protagonismo. A soprano noiesa Esperanza Mara (narración) e Alfredo Susavila (piano) achegarán á cativada unha parte do noso patrimonio inmaterial de tradición oral: os cantos de arrolar. O repertorio, tirado dun proxecto baseado nun traballo de campo realizado na zona do Barbanza e arredores, compóñeno E run, rún e Dúrmete, meu neno, do tamén noiés Rodrigo Romaní; María, miña María, de Lucas Rei; O meniño quer durmir, de Abe Rábade; e Ai, que mininiño, de Alfredo Susavila.

Para as 13 horas está programado o concerto de Pablo Sax Trío (Pablo “Sax” Sinde, saxos; Pablo Sanmamed, contrabaixo; e Sergio González, batería). O jazz desta formación apunta á posibilidade de crear sobre pezas orixinais compostas en base ás experiencias do saxofonista ao longo de máis de trinta anos de traxectoria. A improvisación como reto para contar unha historia que trata de manter a frescura en cada nova interpretación, adaptada ás circunstancias e o posible azar; un discurso musical que está presenta na gravación publicada polo trío, Amorgana.

Cun recital titulado De Granada a Samarcanda: o exotismo en Europa, presentarase no escenario, ás 19 horas, a pianista Paula Ríos, profesora de Piano no Conservatorio CIEM Federico Moreno Torroba (Madrid), solista recoñecida en España, Reino Unido, Francia, Suíza, Alemaña e Arxentina, e intérprete en gravacións para RNE, TVE, Radio Suisse Romande, TVG, IB3 e RG.

O seu concerto ten como nexo o interese dos compositores europeos clásicos por buscar e rodearse da sensualidade e autenticidade de Oriente e da pureza idealizada do folclore do sur e o este de Europa. Ríos interpretará un repertorio formado polas pezas De Masques: Shéhérazade, de Karol Szymanowski; tres danzas de O sombreiro de tres picos, de Manuel de Falla; Mephisto Vals Nº 1. Danza na taberna do pobo, de Franz Liszt; Na néboa, de Leoš Janáček; Préludes, de Claude Debussy; e Iberia: Triana, de Isaac Albéniz.

As entradas para os tres concertos son de balde e xa se poden retirar na páxina web do Teatro Colón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.