A Marea de Noia solicita a posta en marcha da Depuradora de Pontenafonso

O grupo municipal da Marea Cidadá de Noia preguntará no vindeiro pleno pola Depuradora de Pontenafonso que leva dous anos rematada e non se puxo en funcionamento. Aseguran que se trata dunha mala execución do goberno de Santiago Freire.

Aseguran que “ a depurado está nun emprazamento inadecuado, atópase no sitio máis elevado de toda a parroquia o que obrigará a poñer unha zona de bombeo para varias casas”
Dende o grupo municipal aseguran que dende o Partido POPULAR non se preocuparon nin por dar o subministro de electricidade para o equipamento, destacando que se trata dunha verdadeira irresponsabilidade xa que “ estase vertendo directamente ao Tambre tendo unha depuradora construída”.

Indican que “ nun concello que vive directamente do mar, estas prácticas non se poden tolerar baixo ningún concepto”, apuntan que reclamarán ante Augas de Galicia e a Deputación, que financiou a obra, para que se poña en marcha dunha vez por todas.

O voceiro de Marea Cidadá de Noia visitou a instalación para comprobar que ademais a área recreativa está en desuso polos problemas ocasionados no firme debido as obras, cuestión que se deberá resolver.