A Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e de Ocasión de Ribeira exhibirá modelos de Tesla na rúa Mendiño

17 Xuño 2022

O programa da III Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e Vehículos de Ocasión, organizada esta fin de semana (dende este venres) pola Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración co Concello, vai vir cunha serie de importantes pratos fortes. Entre as actividades máis destacadas atópase unha exposición de vehículos eléctricos dunha das marcas máis sobranceiras do sector a nivel mundial: a marca Tesla. Os vehículos de Tesla poderán verse o sábado a partir das 18.00 horas, emprazados na rúa Mendiño de Ribeira, preto da praza de España (sede da feira).

Sobre Tesla

Tesla Motors é unha compañía norteamericana creada en 2003 con sede en California. Baixo o mando de Elon Musk, fabrica e comercializa vehículos, así como compoñentes e baterías para outros fabricantes como o grupo Daimler ou Toyota. Hoxe Tesla non só constrúe vehículos totalmente eléctricos de gran autonomía, senón que tamén fabrica produtos de almacenamento e xeración de enerxía limpa que poden ampliarse de maneira ilimitada.
Tesla superou as expectativas dos mercados e alcanzou unha resultados marca no primeiro trimestre de 2022, cuns beneficios netos de 3.318 millóns de dólares (ao redor de 3.039 millóns de euros), un 658% máis que hai un ano.

Sobre a feira

A terceira edición da Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e Vehículos de Ocasión celébrase esta fin de semana en Ribeira, na contorna da praza de España, entre este venres 17 e o 19 de xuño.

Organiza novamente a Asociación de Empresarios de Ribeira.

A feira contará coa presenza de trece marcas de vehículos que darán a coñecer as súas últimas novidades na gama híbrida e eléctrica, e algunha presentación en exclusiva. A previsión e xuntar na explanada da praza de España máis de 120 unidades para “que toda a veciñanza do Barbanza poida coñecer de primeira man os produtos innovadores que presentan as diferentes marcas”. Marcas como Peugeot, Kia, Hyundai, Citroen, Nissan, Dacia, Renault, Ford, Fiat, Jeep, BMW, Mercedes e Toyota.

A Asociación de Empresarios de Ribeira, consciente da escaseza de vehículos novos e co obxectivo de impulsar un mercado en auxe, inclúe nesta edición da feira un apartado de vehículos de ocasión, sendo o obxectivo “ofrecer ao cliente a posibilidade de levarse o vehículo no mesmo momento de realizar a compra”.

A patronal salientou na presentación os importantes descontos cos que contarán os vehículos expostos na feira.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.