A Deputación da Coruña brinda o seu apoio ao Rock & Dorna, o Rock In Rian, as Carrilanas de Esteiro e o Castelo Rock

27 Xuño 2022

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina neste exercicio 483.370,29 euros para subvencionar 28 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades sen fins de lucro de toda a provincia. Inclúense entre as beneficiadas o Festival das Carrilanas de Esteiro (Asociación Cultural de Deportiva Esteirana de Carrilanas), o Festival Castelo Rock (Asociación Praia do Castelo de Muros), o XV Rock In Rian de Rianxo (Asociación Rock In Rian) e a XXVIII edición do Rock & Dorna (Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira).

Unha actuación no Rock and Rian de Rianxo

Esta achega súmase a outra de 549.993,17 euros coa que a Deputación contribúe a financiar 24 festivais das mesmas características organizados polos concellos, polo que o total do investimento nesta liña de axudas ascende a 1.033.363,46 € en 2022.

En 2021, Cultura da Deputación subvencionou 56 festivais con 988.702 €: 514.425 € repartíronse entre 33 festivais de asociacións e 474.277 € entre 23 dos concellos.

Amais dos devanditos, entre os beneficiarios da achega de Cultura da Deputación en 2022 están o FIOT carballés, o Festival Atlántica, o Festival das Linguas, Diversidarte, o Festival de Cinema Periférico da Coruña, o Feito á man de Compostela ou o Festival Irmandiño de Moeche. A contía que recibirá cada un dos 28 festivais subvencionados —en función do orzamento presentado e o coeficiente de apoio que responde á criterios obxectivos, xunto coa valoración técnica dunha comisión de expertos e expertas— vai dos 5.000 aos 45.000 euros.

A resolución, a listaxe de beneficiarios das axudas e a cantidade que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño, e tamén se poden consultar e descargar dende a Rede.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...