A Casa da Cultura de Portosín acolle este sábado a xornada creativa Un Mar de Artesanía

16 Xuño 2022

A Casa da Cultura de Portosín (Porto do Son) acolle este sábado 18 de xuño unha tripla cita de espírito mariñeiro coa artesanía, os obradoiros creativos e a gastronomía: a xornada Un Mar de Artesanía.

Parte do seu programa porá o foco na creación de complementos e adobíos a partir do aproveitamento das redes de pesca. A vertente formativa (a partir das 12.30 horas) virá da man de Rosa Isabel Rodríguez Vidal, presidenta da Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme).

A xornada desenvolverase a partir das 10.00 horas, na Casa Cultura de Portosín.

Organiza os GALP da nosa costa, a Xunta e os Concellos de Muros e Porto do Son.

Programa de actividades
10:00 | Presentación da exposición: #MulleresArtesás
10:45 | Mesa redonda: Repercusión do GALP na visibilidade das mulleres do sector pesqueiro no territorio.
● Rosa Isabel Rodríguez Vidal · Presidenta da Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme
● Inés Vázquez García · Vicepresidenta da asociación Virxe do Carme de Porto do Son e vogal da Federación galega de Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao
● Manuela Oviedo Xerente do GALP Costa Sostible
● Guadalupe Jiménez-Esquinas · Profesora de antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

● Mediadora: Isabel Pichel · CRTVG Galicia & Radio Galega
12:30 | Obraodoiro Redes e Artesanía cas Redeiras da Asociación Illa da Estrela de Corme e degustación de produto de tempada da man do Restaurante Nordestada de Portosín. Vén con 10 prazas. Poden facerse as inscricións online.
13:30 | Clausura

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.