A biblioteca do CEIP Plurilingüe de Outes entre os recoñecidos co selo Biblioteca Escolar Solidaria

11 Xuño 2022

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de cinco centros educativos co Selo Biblioteca Escolar Solidaria. O obxectivo é premiar bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.
Os centros galardoados son os colexios CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), CEIP Plurilingüe de Outes (Outes) CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro) e CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) así como o Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense).
Cada un deles recibirá unha asignación de 1.500€, así como un diploma acreditativo e o selo en arquivo dixital, que poderán inserir nos espazos web e outras publicacións da biblioteca escolar como distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar.
De xeito parello, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades resolveu recoñecer o traballo doutros 10 centros de Infantil e Primaria en materia voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.
Os premiados neste caso son os colexios CEIP dos Muíños (Muxía), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober), CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives), CEIP do Foxo (A Estrada), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu), CEIP de Petelos (Mos), CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas), CEIP de Randufe (Tui) e CEIP Eduardo Pondal (Vigo).
Os devanditos 10 centros recibirán unha asignación de 600€ para o desenvolvemento dun obradoiro especializado, que deberá versar sobre lectura expresiva, narración oral, escrita creativa, a radio como medio de comunicación, a elaboración de booktrailers (pezas audiovisuais de presentación dun libro), os xogos cooperativos ou a música e danza tradicionais.
O obxectivo desta acción, que conta este curso coa participación de 68 centros, é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a través de actividades como as lecturas compartidas dentro e fóra do centro (na vila, con outros centros, coa biblioteca pública ou outras institucións do concello, por exemplo), así como as accións de acompañamento na lectura a outros compañeiros do propio colexio, denominados como apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.