A artista Tere Ramallo participará no festival de artes Mar Diverso de Ambar

20 Xuño 2022

Será a partir do vindeiro domingo 26 de xullo e ata o 31 do mesmo mes cando se celebre o festival de artes inclusivas e patrimonio costeiro de Ambar coñecido co nome de Mar Diverso. Nesta edición o festival contará coa presenza de Tere Ramallo, artista licenciada en Belas Artes, que está a traballar co grupo de arte formado por Manuela, Gonzalo, Juan, Calo, Ángel, Daniel, Alejandro, José Ma, Irene, Iria, Iván, Javier, Jesús e Manuel.

A peza que se está a crear fala, segundo as palabras da propia artista, “do entorno, e do coidado do mesmo, de coñecelo, e de pór o punto de mira no que nos rodea e darlle deste xeito a súa importancia, xa que moitas veces semella que o de fóra é mellor e deixamos de lado o espazo no que vivimos. Os pobos, e a vida que hai neles, un tema que xa trataron as xeracións anteriores, e no caso de Rianxo autores de alí (Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio…) e da súa xeración (Rosalía), defenderon e escribiron sobre a importancia do pobo, a súa contorna e a lingua”.

Indo ao festival Mar Diverso en si, cómpre dicir que estamos perante unha mestura de artes plásticas, escénicas e artesanía que ten como obxectivo pór en valor o patrimonio e a cultura tradicional mariñeira de maneira inclusiva a través da creación artística de persoas con diversidade funcional e profesionais do eido artístico dentro da contorna costeira da Ría de Arousa.

En canto á Asociación Ambar, sinalar que está de aniversario: leva 40 anos traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional, promovendo a súa autonomía, independencia e igualdade de oportunidades. A área de Artes naceu co gallo de empoderar ás persoas con diversidade funcional a través da expresión artística, realizando accións na comunidade cunha temática de interese social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.