Xulgan este luns a un home por tentar levar a unha menor en Noia

29 Maio 2022


A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará este luns día 30, o xuízo contra un home acusado dun intento de detención ilegal dunha menor en Noia

Segundo o escrito de cualificación fiscal, os feitos producíronse ao redor das 20,45 horas do 17 de xaneiro de 2021 cando o home viu, pola ponte de Campo de Noia, á menor, momento no que reduciu a velocidade do coche no que ía.

Cando comprobou que ía soa, “con ánimo de privar” a liberdade da menor, detivo o seu coche e saíu do mesmo para dirixirse a ela, aínda que a vítima, ao detectar a presenza do acusado, botou a correr.

Finalmente, o home logrou alcanzala, agarrándoa fortemente polo brazo e requiríndoa para que subise ao seu vehículo. Nese momento, apareceron dúas persoas que axudaron á moza para liberarse do acusado, que escapou do lugar.

O Ministerio Público cualifica os feitos como un delito tentado de detención ilegal dunha menor ou alternativamente un delito de coaccións, cunha pena de tres anos de cárcere.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...