Xa están abertas as inscricións para a Andaina Nocturna Concello de Dodro (o sábado 18 de xuño)

05 Maio 2022

A sección de Deportes do Concello de Dodro informou de que xa están abertas as inscricións para participar na segunda Andaina Nocturna Concello de Dodro. Será o sábado 18 de xuño, con saída ás 22.30 horas do Pavillón Polideportivo Municipal. O percorrido levará ás persoas participantes ao longo de 12,35 quilómetros de dificultade media, dende o devandito pavillón e pasando polas Brañas de Laíño, Bexo, Imo, Castro, Rial de Lagoa, Tarrío, Eiró e de volta ao pavillón. Haberá un punto de avituallamento intermedio. As inscricións (de balde para as persoas empadroadas en Dodro) pode facerse no departamento de Deportes do Concello, no teléfono 981 802 532 ou a través da conta de correo deportes@dodro.gal. Organiza o Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....