Ribeira contará coa primeira aula formativa de España centrada en pesca sustentábel

27 Maio 2022

Ribeira vai contar coa que será a primeira aula formativa de España sobre pesca sustentábel. Así o fixo saber este venres 27 de maio a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita ao edificio que albergará a dita aula: a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Quintana explicou que “se trata dun novo contido formativo que pretende chegar a todos os niveis educativos da escola e que abarcará todo o proceso de captura dos recursos, desde a saída de porto das embarcacións ata o seu regreso a terra”.

Rosa Quintana, participará na xornada Pesca Saúde, organizada pola Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética con motivo do Día Nacional da Nutrición.

Rosa Quintana detallou que esta aula está en proceso de deseño e dotación para “tela operativa canto antes” e que disporá de cinco seccións para cubrir todos os eidos que teñen que ver coa actividade extractiva. A primeira delas é a de Tecnoloxía de materiais e pesca selectiva, que inclúe as prácticas de armado, lanzamento, mantemento e reparación de artes e aparellos e a solicitude de licencias, entre outras temáticas. A segunda céntrase nas Tarefas de teledetección e ecodetección dos recursos, vía novas tecnoloxías, satélite, sonar, ondas e ecoondas, e a terceira no Proceso de pesca sustentábel e resopnsábel. A cuarta aborda o Proceso de conservación, para asegurar a calidade das capturas, o movemento do recurso aos puntos de control en terra e o proceso de conxelación e ultraconxelado a bordo.

A última desas seccións ten relación coa Co-gobernanza e xestión responsábel da actividade, un eido no que se formará ao alumnado na importancia do compromiso cos distintos axentes pesqueiros, do diálogo e da colaboración coas distintas administracións para “un desenvolvemento axeitado da extracción dos distintos recursos”.

A titular de Mar salientou que “a creación desta aula contribuirá a que o conxunto do sector marítimo-pesqueiro galego avance neste eido e a que a comunidade manteña o seu papel como referente en prácticas sustentábeis demostrando, tanto ante as institucións europeas como internacionais, o seu compromiso coa protección dos recursos e a conservación do medio ambiente”.

A visita ás instalacións da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira coincidiu coa participación da conselleira por vídeo-conferencia na xornada Pesca Saúde, organizada pola Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) no marco da celebración do Día Nacional da Nutrición. Rosa Quintana salientou na súa intervención a relevancia de que toda a poboación inclúa os produtos do mar como un elemento básico da súa dieta e puxo de relevo “o labor realizado pola Xunta desde o ano 2009 para promover o seu consumo facendo especial fincapé nos máis pequenos e na xente nova”.

A titular de Mar agradeceu o traballo realizado pola Fundación Dieta Atlántica e pola presidenta do seu comité científico, Rosaura Leis, na divulgación entre a cidadanía dos beneficios para a saúde de consumir peixes e mariscos. Ese agradecemento tamén o fixo extensíbel ao Concello de Ribeira e ao seu alcalde, Manuel Ruiz, “por colaborar coa Consellería do Mar na organización de distintos eventos neste eido e polo seu apoio constante ao sector marítimo-pesqueiro local”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...