Queremos Galego informou nas nosas vilas dos porqués de participar na mobilización deste martes en Compostela

16 Maio 2022

A plataforma Queremos Galego, integrada por máis de medio milleiro de entidades sociais e culturais da nosa terra, realizou esta finde varias actividades informativas nas vilas da nosa comarca, co fin de sumar apoios de cara ao 17 de maio e a manifestación en Santiago “por un futuro para a nosa lingua”, na que se esixirá un apoio máis firme dos Gobernos autonómico e central a prol do galego. En concreto, a plataforma tivo mesas informativas en Noia (nas imaxes que acompañamos, na praza da Feira), Porto do Son (no Mercado Municipal), e Boiro (na rúa Peonil), e tamén noutras localidades da contorna.

O equipo comarcal de Queremos Galego informou da manifestación que se celebra este martes 17 de maio polas rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego é reversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. Recordan que haberá transporte dende as nosas vilas, para facilitar o desprazamento.

Sol Agra, responsábel de Queremos Galego na nosa comarca, recorda que “todos os avances para o galego se conseguiron pola teimosía e polo esforzo do pobo, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego”. Agra advirte que “a sociedade galega está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua” e salientou que “é hora de que isto mude e os poderes públicos, comezando polo novo presidente da Xunta, abandonen a súa política de agresión sistemática ao galego e comecen a exercer a súa responsabilidade na defensa dos intereses de Galiza e da súa lingua”.

A plataforma reclama a posibilidade de vivir “en galego agora e sempre” e denuncia “que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.