Os empresarios de Ribeira entregan o premio de 1.000 euros da campaña do Día da Nai

13 Maio 2022

Este venres 13 de maio a Asociación de Empresarios de Ribeira fixo entrega do premio de 1.000 euros correspondente á Campaña do Día da Nai 2022.

Segundo informou a patronal, a dita contía deberá ser gastada nun día pendente por determinar no que a premiada será acompañada por unha persoa (un personal shopper) que a asesore en todo o proceso de compra.

A persoa agraciada foi Mª Teresa Pérez Pampín e o establecemento onde se repartiu a sorte foi Calzados Horacio. A asociación aproveito para agradecer “o apoio á campaña mostrando tanto polos socios que participaron como polos clientes, que superaron as 1.500 participacións, o que dá idea do éxito da iniciativa”.

Na foto, a premiada acompañada de Estrella Regos de Calzados Horacio, Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios e Ramón Doval, concelleiro de Comercio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...