Boiro organiza este mes de maio obradoiros de independencia dixital para mulleres

05 Maio 2022

Este mes de maio celébrase na aula CeMIT de Boiro, emprazada no Centro Social de Boiro, unha importante actividade formativa destinado a incrementar o apoderamento feminino en materia de novas ferramentas tecnoloxías. Trátase duns obradoiros de independencia dixital que teñen como obxectivo “que as mulleres medren na súa autonomía dixital facendo trámites en liña na Administración Electrónica”. Desenvólvense os días 3, 4, e 5 de maio, e máis os días 11, 12 e 13 do mesmo mes, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Estas actividades abéiranse aos Obradoiros da Área de Igualdade do Concello e desenvólvense baixo o epígrafe Perdéndolle o medo á tecnoloxía.

Os obxectivos son achegar capacitación en aspectos prácticos da vida cotiá que precisan da tecnoloxía, amais de acompañar ás mulleres a que medren na súa autonomía dixital facendo trámites en liña na Administración Electrónica ao tempo no que se transmiten unha serie de cuestións transversais (quen somos en Internet, liberdade tecnolóxica, como protexer os nosos datos e as nosas imaxes, que tipo de datos estamos compartindo e como nos expoñemos na Rede).

Complementarase cun taller básico de ferretería, pintura, fontanería e carpintaría, o día 21 de maio (sábado) en horario de 11.00 a 13.30 horas, no segundo andar do Centro Social de Boiro. As dúas propostas de formación son de balde. Cómpre facer a inscrición previa a través de cim@boiro.gal ou do teléfono 981 844 800, ext 1285.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...