O PSOE de Ribeira pide ampliar, acondicionar e mellorar o Camiño da Pedrosa en Carreira

17 Maio 2022

Os socialistas de Ribeira presentaron esta semana unha propostas para ser debatida en pleno relativa ao estado no que se atopa o Camiño da Pedrosa (9016) na parroquia de Carreira, concretamente ao treito comprendido entre As Pedriñas (DP-7305) e A Filgueira (9016). O PSOE de Ribeira critica as deficiencias que presenta a dita vía para a circulación rodada, poñendo o foco no deterioro do seu firme. A proposta, segundo lembra o grupo, ten a súa orixe nas demandas veciñais.

O PSOE sinala que este treito de camiño público é empregado de xeito habitual pola veciñanza residente, tanto en turismos como en vehículos agrícolas/industriais, e forma parte da trama urbana da parroquia de Carreira. “Dito camiño público”, engaden, “presenta un acabado en pavimento asfáltico deteriorado, con descalces pronunciados e roturas irregulares no seu firme por mor da colocación das redes de saneamento, e outras dotacións de servizos; tendo unha lonxitude duns 200 metros, cun ancho de calzada asfaltada de tres metros; e un ancho de vía promedio de seis metros, tras cesións de terreo a uso e dominio público que quedaron sen urbanizar”.

Os socialistas explican que “o estado e condición do camiño, supeditado polo desgaste natural, sumado ao estreito da capa de rodadura, condiciona a seguridade viaria das persoas e vehículos, a accesibilidade, e uso da infraestrutura do núcleo residencial da Pedrosa”. Por estas razóns, o PSOE insta ao pleno da Corporación á adopción do seguinte acordo: “Que por parte dos servizos técnicos do Concello se proceda a realizar un proxecto de urbanización do tramo mencionado (con base no PXOM), con posíbel dotación de servizos; realización de muros de contención, e actuación no pozo de saneamento veciñal (P-319), coa finalidade de ampliar e acondicionar o Camiño Veciñal da Pedrosa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.