O programa Xuño da Cultura levará ducias de actividades a Santa Uxía e ás parroquias e contará coa implicación de máis de 50 entidades

31 Maio 2022

A nova edición da axenda Xuño da Cultura e as Artes, o programa cultural do Concello de Ribeira para este punto de inflexión entre a primavera e o verán, vén con enerxía extra. Concretamente a que lle van achegar as máis de 50 entidades implicadas na nova edición do programa, xunto coa Concellería de Cultura. A axenda foi dada a coñecer este martes 31 pola concelleira María Sampedro, quen salientou do programa “a suma do esforzo de entidades, asociacións, colectivos, agrupacións, comisións, institucións e áreas municipais, e que supón o mellor escaparate para amosar o labor cultural e artístico da nosa xente”.

A edil, que estivo acompañada pola súa compañeira de Educación, Juana Brión, fixo saber que o programa naceu con tres obxectivos fundamentais: poñer en valor o traballo cultural do tecido social do municipio, mostrar a cultura na rúa a través de diversas actividades culturais en todas as disciplinas artísticas e realizar polo menos un acto cada día do mes de xuño, combinando a cultura de pequeno formato cos medianos eventos adaptados as actuais circunstancias. “Serán trinta días de grande intensidade, nos que a música, o teatro, a literatura, o folclore, o baile, a festa ou a exaltación das nosas raíces irán da man”, sinalaron, engadindo que “todos os actos serán gratuítos seguindo a liña habitual”.

A Concellería de Cultura será quen coordine o programa, organizando tamén distintos eventos como a inauguración este xoves da exposición colectiva do grupo Alterarte no Centro Cultural Lustres Rivas ás nove da noite e na que participan un total de 14 artistas ou ao día seguinte, venres 3, a clausura da escola municipal infantil de teatro coa representación por parte dos alumnos da obra Que me estas a contar, nun acto que ademais servirá de homenaxe a Daniel Gómez Ramil, así como destacar a colaboración con distintas comisións de festas en Artes, Carreira ou Castiñeiras.

En total, máis de 50 entidades están implicadas para que este calendario sexa unha realidade, entre asociacións, clubs, servizos e áreas municipais, agrupacións e outros colectivos:

1. AFLM de Aguiño

2. Orquestra de pulso e púa Sons Aguiño

3. Asociación cultural Tahume

4. Asociación Alfaia

5. Asociación AGADEA

6. Fundación Museo Gravado de Artes

7. Grupo tradicional Andavía

8. Liceo Marítimo de Ribeira

9. Escola baile El Tomasón

10. Asociación cultural Haveira

11. Asociación veciños de Carreira

12. Asociación A Creba

13. Asociación TDAH Salnés Barbanza

14. Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza

15. Asociación Alterarte

16. Escola música Pops

17. Asociación Albariza Artes

18. Comisión de festas Artes

19. Centro Recreativo Artes

20. Asociación Renacer

21. Kids&Us Ribeira

22. Latexo Percusión

23. CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño

24. C. Barbantia

25. Asociación Empresarios de Ribeira e Viamare

26. Asociación Cultural Bailadela

27. Cidade de Ribeira C.F.

28. Club El Canario

29. ANPA Caramecheiro do IES Nº 1

30. Taller Alecrín

31. Asociación Amas de Casa de Ribeira

32. ICE Renovación

33. Asociación AMBAR

34. Cruz Vermella de Ribeira

35. Peña Celtista Alvelo

36. Asociación Alberto Romero

37. Xunta local da AECC de Ribeira

38. Club Náutico de Ribeira

39. Asociación Riveira escríbese con v

40. Asociación Mulleres en Acción

41. Comisión de festas A Guía

42. Parroquia do Carme de Aguiño

43. Escola Municipal de Ballet

44. Escola Municipal de Teatro Infantil

45. Grupo Teatro Municipal de Ribeira

46. Coral Polifónica Municipal de Ribeira

47. Concellería de Cultura de Ribeira

48. Concellería de Deportes

49. Servizo de Normalización Lingüística

50. Concellería de Turismo

51. Concellería de Comercio

52. Conservatorio Profesional de Música

53. Concellería de Educación

54. CIM Ribeira

Programa de actividades ao completo

• Concurso de Naipes e Dominó por parellas. Información no Liceo Marítimo no 981 870 650. – Liceo Marítimo de Ribeira.

• Exposición Polaridades da Asociación Alterarte. No Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Ata o 29 de xuño. Horario: de luns a venres de 11 a 14 h e de 19 a 21 h, sábados de 11 a 14 h.- Asociación Alterarte e Concellería de Cultura.

• Visitas guiadas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque e ao exterior do propio parque. Para grupos; de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Gratuítas, *Reserva previa chamando ao número 686 587 000. – Concellería de Turismo.

• Visitas guiadas á exposición Detlef Kappeler. Nas Salas 0 e 1 do Museo do Gravado de Artes. Do 1 ao ao 30 de xuño. Horario: de martes a sábado de 9:30 h a 16:00 h e festivos de 10:00 a 13:00 h. *Inscrición previa en 981 871 342 ou en fundartes@gmail.com – Fundación Museo Gravado de Artes.

• Visitas guiadas á exposición Azares de Granell en zinc e papel. Na Sala 2 do Museo do Gravado de Artes. Do 1 ao ao 30 de xuño. Horario: de martes a sábado de 9:30 h a 16:00 h e festivos de 10:00 a 13:00 h. *Inscrición previa en 981 871 342 ou en fundartes@gmail.com – Fundación Museo Gravado de Artes.

Mércores 1

• Concerto do alumnado do Conservatorio de Ribeira. No Salón de Actos do Conservatorio, ás 19:00 h. – Conservatorio Municipal de Ribeira Enrique Paisal.

• Clase aberta de linedance (individual). Na Aula de Música de Aguiño, de 20:00 a 21:00 h, gratuíto. Información e reservas no telf. 698 150 432 – Asociación Francisco Lorenzo Mariño e Taller Alecrín.

• Clase aberta de ritmos latinos (por parellas). Na Aula de Música de Aguiño, de 21:00 a 22:00 h, gratuíto. Información e reservas no telf. 698 150 432 – Asociación Francisco Lorenzo Mariño e Taller Alecrín.

Xoves 2

• Inauguración da exposición Polaridades, da Asociación Alterarte. No Centro Cultural Lustres Rivas, ás 21:00 h. – Concellería de Cultura e Asociación Alterarte.

Venres 3

• Presentación do foto-álbum The Artic Chronicles, de Anna Naglaya. No Centro Social de Corrubedo, ás 20:00 h – Concellería de Cultura.

• Clausura da Escola Municipal Infantil de Teatro coa obra Que me estás a contar? e acto de homenaxe a Daniel Gómez Ramil. No Auditorio Municipal, ás 21:00 h. – Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira e Concellería de Cultura.

• Noite aberta. Todo o día ata as 21:00 h, nas tendas e comercios asociados. – Asociación de Empresarios, Viamare e Concellería de Comercio.

Sábado 4

• Noite Aberta. Todo o día ata as 22:00 h, nas tendas e comercios asociados. – Asociación de Empresarios, Viamare e Concellería de Comercio.

• Festa da Guía en Carreira. Sardiñada a partir das 13:00 h. Verbena cor Dúo Élite e discomóbil Tito Maverick – Comisión de Festas da Guía.

• XVII Carreira Virxe da Guía. Campo de Fútbol de Carreira, a partir das 18:00 h. – Asociación de Veciños de Carreira e Concellería de Deportes.

• V Romaría Celtista. Merendeiro de Coroso. A partir das 18:0 0h. Actuacións de: DJ Tito Maverick ás 18:00 h; VálgameDeus ás 20:00 h; Cuarta Xusta ás 21:00 h e Orquestra Platinum ás 22:30 h. – Peña Celtista Alvelo, Concellería de Deportes e Concellería de Cultura.

• Charla A sexualidade non ten idade: educación sexual para persoas adultas. A cargo de Martina González Veiga. No Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, ás 20:00 h – Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira e Concellería de Educación.

• Clase aberta de linedance (individual). No Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, de 20:00 a 21:00 h, gratuíto. Información e reservas no telf. 698 150 432 – Asociación Amas de Casa e Taller Alecrín.

• Clase aberta de ritmos latinos (parellas). No Conservatorio de Música de Ribeira, de 21:00 a 22:00 h, gratuíto. Información e reservas no telf. 698 150 432 – Asociación Amas de Casa e Taller Alecrín.

Domingo 5

• festa da guia en carreira. Sesión vermú con “leite con jalletas” ás 13:00 h. Tren infantil e inchables con taller de globoflexia dende as 16:00 h. Verbena ás 21:30 h coa orquestra platinum e planet discomóbil con dj mgt – comisión de festas da guía coa colaboración da concellería de cultura e festexos.

Luns 6

• Festa da Guía en Carreira. Alboradas con Airiños da Guía, misas na capela da guía e verbena ás 22:00 h coa orquestra El Combo Dominicano e Planet Discomóbil con DJ Matrek – Comisión de Festas da Guía.

Martes 7

• Ciclo de Charlas de AGADEA. Exercicio físico na enfermidade de alzheimer/demencias, a cargo do neurólogo Juan Manuel Pías. Centro Lustres Rivas de Ribeira, ás 17:00 h – Asociación AGADEA.

• Espectáculos e obradoiros infantís de ICE renovación. Actuacións infantís e espazo lúdico (traballos manuais, contos, marionetas, globoflexia, tatoos…). Na praza do Concello, de 18:30 a 20:30 h. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. – ICE renovación.

Mércores 8

• Obradoiro de muralismo con Manuel Ayaso – Proxecto Ruralité. No adro da Igrexa de Aguiño, ás 11:00 h – CEIP Heroínas de Sálvora, Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Parroquia de Aguiño e Concellería de Cultura.

• Concerto do alumnado do Conservatorio de Ribeira. Ás 19:00 h no salón de actos do Conservatorio, ás 19:00 h. – Conservatorio Municipal de Ribeira Enrique Paisal.

Xoves 9

• Representación teatral: Arrolando as frores, de Rilo & Penadique. Actividade para o alumnado do IES nº1 de Ribeira e aberta ao público en xeral; gratuíto ata encher aforo. No Auditorio Municipal, ás 12:00 h – ANPA Caramecheiro do IES nº1.

• Charla O impacto da tecnoloxía en menores. Da investigación á acción. A cargo de Antonio Rial, doutor en Psicoloxía Social e María Iglesias, psicóloga de Renacer. No Lustres Rivas, ás 19:00 h – Asociación Renacer.

Venres 10

• Presentación da publicación Barbanceses en mauthausen de Xoán Fernández Callón. No Centro Cultural Lustres Rivas, ás 20:30 h – Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.

• Obradoiros, xogos e actividades para nenas/os. Na praza do Centenario, de 17:30 a 19:30 h, gratuíto. – Cruz Vermella de Ribeira.

• Noite de Cine. Proxección de curtas premiadas nos Alberto Romero. No Auditorio Municipal, ás 21:00 h. – Asociación Cultural Alberto Romero.

Sábado 11

• Copa Sálvora. Fútbol 8. Categorías prebenxamíns e alevíns. Nos campos de fútbol do complexo deportivo da fieiteira, a partir das 09:00 h – Cidade de Ribeira C.F. e Concellería de Deportes.

• Obradoiro Summer Forever. De 11:00 a 12:30 h, na Casa da Cultura de Aguiño. Para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Máximo 20 participantes. Gratuíto. Imprescindíbel reserva previa no teléfono 658 238 472- Asociación TDAH Salnés – Barbanza.

• V Festival Son´s en Aguiño de Musica e Canto Tradicional. Na Aula de Música-Conservatorio de Aguiño, ás 20:30 h. Actuarán o grupo de pandeiretas As 7 Linguas da AFLM, Bailadela e Chorimas de Queiruga – Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.

Domingo 12

• Copa Sálvora. Fútbol 8. Categorías biberóns e benxamíns. Nos campos de fútbol do complexo deportivo da Fieiteira, a partir das 09:00 h – Cidade de Ribeira C.F. e Concellería de Deportes.

• Misa do Corpus. Igrexa parroquial de Artes, ás 13:00 h. Cantada pola Orquestra de Pulso e Púa Sons de Aguiño. Procesión acompañada ata o cruceiro polo grupo de gaitas Os Liantes de Artes. – Comisión de Festas e Parroquia de Artes.

• Festival fin de curso da Escola Municipal de Ballet e Danza. Auditorio Municipal, ás 19:30 h. Entrada gratuíta ata encher aforo. – Escola Municipal de Ballet da Concellería de Cultura.

Luns 13

• Exposición Polaridades de Alterarte. No Centro Lustres Rivas de Ribeira. Ata o 29 de xuño. Horario: de luns a venres de 11 a 14 h e de 19 a 21 h, sábados de 11 a 14 h.- Concellería de Cultura.

• Visitas guiadas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque e ao exterior do propio parque. Para grupos; de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Gratuítas con reserva previa chamando ao número 686 587 000. – Concellería de Turismo.

Martes 14

• Espectáculos e obradoiros infantís de ICE renovación: actuacións infantís e espazo lúdico (manualidades, contos, marionetas, globoflexia, tatoos…). Na praza do Concello, de 18:30 a 20:30 h. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. – ICE Renovación.

Mércores 15

• Faladoiro con Manuel Ayaso. No CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, ás 11:00 h. – CEIP Heroínas de Sálvora e Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

• Concerto do alumnado do Conservatorio de Ribeira. No salón de actos do Conservatorio, ás 19:00 h. – Conservatorio Municipal de Ribeira Enrique Paisal.

Xoves 16

• Visita guiada á exposición Azares de Granell en zinc e papel. Na sala 2 do Museo do Gravado de Artes. Do 1 ao ao 30 de xuño. Horario: de martes a sábado de 9:30 h a 16:00 h e festivos de 10:00 a 13:00 h. Inscrición previa en 981 871 342 ou en fundartes@gmail.Com – Fundación Museo Gravado de Artes.

Venres 17

• III Feira de Automóbiles Eléctricos, Híbridos e de Ocasión. Praza de España, todo o día. Entrada gratuíta. – Asociación Empresarios de Ribeira e Concellería de Comercio.

• Demostración obradoiros artesanía e posto de venda de Ambar. Na praza do Concello, de 10:00 a 13:30 h. Realización, exposición e venda de produtos artesanais elaborados por usuarios. – Asociación Ambar.

• Festas de Verán de Artes. Na honra de San Antonio. Alboradas, misa solemne ás 12:30 h. Actividades infantís dende as 17:00 h no Centro Recreativo de Artes. Verbena, ás 23:00 h con Planet Discomóbil. – Centro Recreativo de Artes, Comisión de Festas de Artes e Concellería de Cultura e Festexos.

• Presentación literaria da novela O tesouro de Rande de Alberto Hevia. Na Aula de Música de Aguiño ás 20:30 h.- Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, A. C. Barbantia e Concellería de Cultura de Ribeira.

• Noite Meiga. Música e canto tradicional, queimada e esconxuro. Na praza Pablo Neruda, a partir das 22:00 h. Degustación de queimada e doces de San Xoán para todos os asistentes (ata esgotar existencias). En caso de choiva celebrarase no espazo municipal de usos múltiples (carpa da rúa de Galicia). – Asociación Riveira escríbese con v.

Sábado 18

• Copa Sálvora. Fútbol 11. Categoría infantil. Nos campos de fútbol do complexo deportivo da Fieiteira, a partir das 09:00 h – Cidade de Ribeira C.F. e Concellería de Deportes.

• III Feira de Automóbiles Eléctricos, Híbridos e de Ocasión. Praza de España, todo o día. Entrada gratuíta. – Asociación Empresarios de Ribeira e Concellería de Comercio.

• Actuación de música tradicional e pandereteiras de Bailadela. Porta do Sol, ás 13:00 h. – Asociación Cultural Bailadela.

• Xornada de Portas Abertas Grupo Tradicional Andavía. Na Casa da Cultura de Castiñeiras, ás 17:00 h. Entrada gratuíta .- Grupo Tradicional Andavía.

• Festival de fin de curso da Asoc. Tahúme. No Auditorio Municipal, ás 19:30 h. Entrada gratuíta .- Asociación Cultural Tahúme.

• Festas de Verán de Artes. Na honra da Virxe do Carme. Alboradas, misa solemne ás 12:30 h. Verbena ás 22:30 h coa orquestra Status e Planet Discomóbil. – Centro Recreativo de Artes e Comisión de Festas de Artes.

Domingo 19

• Copa Sálvora. Fútbol 11. Categoría infantil. Nos campos de fútbol do complexo deportivo da Fieiteira, a partir das 09:00 h.– Cidade de Ribeira C.F. e Concellería de Deportes.

• IIi Feira de Automóbiles Eléctricos, Híbridos e de Ocasión. Praza de España, todo o día. Entrada gratuíta. – Asociación Empresarios de Ribeira e Concellería de Comercio.

• Festas de Verán de Artes. Na honra do Sagrado Corazón de Xesús. Misa solemne ás 11:00 h. Sardiñada e churrascada con cachelos, pan de millo e viño (gratuíto), acompañado polo grupo de gaitas Os Liantes de Artes, ás 13:00 h no Centro Recreativo; a partir das 15:00 h amenizará o Trío Arena – Centro Recreativo de Artes e Comisión de Festas de Artes.

• Xornada de portas abertas Latexo Percusión. No paseo do Malecón, a partir das 18:00 h. Haberá un obradoiro de iniciación á batucada e unha mostra de fin de curso do alumnado. – Escola Latexo Percusión.

• Festival de fin de curso da Asociación Alfaia. No Auditorio de ribeira, ás 19:00 h. – Asociación Alfaia.

Luns 20

• Exposición Polaridades de Alterarte. No Centro Lustres Rivas de Ribeira. Ata o 29 de xuño. Horario: de luns a venres de 11 a 14 h e de 19 a 21 h, sábados de 11 a 14 h.- Concellería de Cultura.

• Visitas Guiadas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque e ao exterior do propio parque. Para grupos; de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Gratuítas con reserva previa chamando ao número 686 587 000. – Concellería de Turismo.

Martes 21

• Elaboración dun mural da Asociación Ambar. Intervención urbana en ribeira por parte dos usuarios de Ambar. – Asociación Ambar.

• Espectáculos e obradoiros infantís de ICE Renovación: actuacións infantís e espazo lúdico (manualidades, contos, marionetas, globoflexia, tatoos…). Na praza do Concello, de 18:30 a 20:30 h. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. – ICE Renovación.

• Charla A nova Lei de Igualdade Trans e LGTBI. A cargo da relatora Laura Bugalho. No Centro Cultural Lustres Rivas, ás 20:00 h. – Asociación Mulleres en Acción.

• Clase aberta nivel avanzado ritmos latinos na rúa Alcalá Galiano, ás 21:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

Mércores 22

• Obradoiros Artesanais de A Creba. Na praza do concello, de 10:30 a 13:00 h realización, exposición e venda dos traballos elaborados por usuarios. – Asociación A Creba.

• Elaboración dun mural da Asociación Ambar. Intervención urbana enRribeira por parte dos usuarios de Ambar. – Asociación Ambar.

• Concerto polo Día da Música do alumnado do Conservatorio de Ribeira. Na praza de Porta do Sol, ás 19:00 h. – Conservatorio Municipal de Ribeira Enrique Paisal.

• Traballos manuais e teatro en inglés. No Auditorio Municipal, ás 19:00 h será o obadoiro de manualidades, e ás 20:15 h a representación teatral. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 10 anos. Imprescindíbel inscrición previa en ribeira@kidsandus.es ou no 604 000 600 – Kids&Us Ribeira.

Xoves 23

• Elaboración dun mural da Asociación Ambar. Intervención urbana enRribeira por parte dos usuarios de Ambar. – Asociación Ambar.

• Clase aberta ritmos latinos para nenos/as. Na sede da escola, ás 16:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

• Festa San Xoán en Palmeira. Coa actuación da Charanga Os Celtas da Baña a partir das 20:30 h. – Comisión de Festas de Palmeira e Concellería de Cultura.

Venres 24

• Clase aberta de ritmos latinos para adolescentes. Na rúa Alcalá Galiano, ás 20:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

• Clase aberta de ritmos latinos para adultos. Na rúa Alcalá Galiano, ás 21:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

• Festa San Xoán en Castiñeiras. No recheo portuario, a partir das 22:00 h. Actuación Discomóbil e Dr. Bellido. – Espectáculos Cantaruxa e Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira.

Sábado 25

• Clase maxistral de comercial dance. Na rúa Alcalá Galiano, ás 11:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

• Clase Aberta de ritmos latinos e zumba. Na rúa Alcalá Galiano, ás 12:00 h – Escola de Baile El Tomasón e Asociación Haveira.

• Tahume entre Folklores, Festival Nacional de Folclore. Na praza de Porta do Sol, ás 21:30 h. Actuacións do Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme de Olveira, do Grupo Folclórico Los Chachipés (El Escorial-Madrid) e da Asociación Cultural Nós de Sobradelo (Vilagarcía). – Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme e Concellería de Cultura.

• Festa San Xoán en Castiñeiras. Festa de San Xoán en Castiñeiras. No recheo portuario, a partir das 22:00 h. Actuación DJ con Tito Maverick, Recambios Tucho e Tonhito de Poi. – Espectáculos Cantaruxa e Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira.

Domingo 26

• II Carreira 5k El Canario. Saída da praza do Concello; info en www.carreirasgalegas.com – Club El Canario e Concellería de Deportes.

• V Travesía a Nado Illa de Rúa.. – Xunta Local da AECC e Club Náutico de Ribeira.

• Festival fin de curso do alumnado da Escola Sons. Na Aula de Música de Aguiño, ás 19:30 h, entrada gratuíta ata encher aforo. – Orquestra de Pulso e Púa Sons.

• Entrega de premios do IX Certame de Poesía de Artes Asociación Albariza. No Centro Recreativo de Artes, ás 19:30 h. Actuación musical da Rondalla Moraima de Arzúa. Ao remate servirase un ágape para todos os asistentes. –Asociación Albariza, CRA e Concellería de Cultura de Ribeira.

Luns 27

• Exposición Polaridades de Alterarte. No Centro Lustres Rivas de Ribeira. Ata o 29 de xuño. Horario: de luns a venres de 11 a 14 h e de 19 a 21 h, sábados de 11 a 14 h.- Concellería de Cultura.

• Visitas guiadas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque e ao exterior do propio parque. Para grupos; de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Gratuítas con reserva previa chamando ao número 686 587 000. – Concellería de Turismo.

Martes 28

• Acto apertura conmemoración Ribeira con Orgullo 2022. Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+. No salón de plenos da Casa do Concello, ás 13:00 h. – CIM ribeira.

• Espectáculos e obradoiros infantís de ICE renovación. Na praza do Concello, de 18:30 a 20:30 h. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. – ICE Renovación.

Mércores 29

• Concerto do alumnado do Conservatorio de Ribeira. No salón de actos do conservatorio, ás 19h.

• Audición aberta de Pops Rock School. No Auditorio, ás 21:00 h.

Xoves 30

• Acto de clausura do Xuño da Cultura e as Artes 2019. No Auditorio Municipal, ás 21:00 h. Entrega de diplomas conmemorativos e agasallos institucionais ás entidades e asociacións que tomaron parte no citado programa. O acto contará coa actuación da Coral Polifónica Municipal de Ribeira dirixida por Chema Ares. – Coral Polifónica Municipal de Ribeira e Concellería de Cultura.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...