O Plan Único da Deputación financia a creación dunha senda que mellorará a seguridade peonil no acceso á piscina de Outes

25 Maio 2022

A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, un proxecto de 128.270 euros para a mellora da seguridade viaria no acceso á piscina municipal do Concello de Outes coa construción dunha senda peonil.

A actuación permitirá a creación dun itinerario peonil de 300 metros de lonxitude e 2 metros de ancho pola marxe esquerda da estrada que dá acceso á piscina, mellorando a seguridade dos viandantes na zona. A senda formarase con zahorra de canteira e acabado con formigón coloreado, ademais da colocación dun bordo de delimitación.

Contémplase a execución dunha pasarela de 7 metros de lonxitude, en formigón, paralela á ponte existente para salvar o paso sobre o río de Outes.

 Antes da aplicación do pavimento, habilitarase a canalización para a recollida de pluviais e a da iluminación. Por último, a obra completarase coa colocación de 15 balizas LED ao longo da senda e dunha varanda de ferro.

O tempo de execución estimado dos traballos, desde o seu inicio, é de 6 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.