O Museo de Artes exhibe a maior exposición de gravados do alemán Detlef Kappeler

14 Maio 2022
MUSEO DE ARTES EXHIBE A MAIOR EXPOSICIÓN DE GRAVADOS DO ALEMÁN DETLEF KAPPELER

A máis completa exposición nunca feita sobre os traballos en gravado do artista Detlef Kappeler exhíbese dende a pasada noite no Museo de Artes logo dun concorrido acto inaugural no que os intervinientes deron sobradas explicacions sobre a talla como creador deste alemán nacido en Sttetin en 1938 e afincado en Muxía dende 2004.
Formada por máis de 60 obras que ocupan dúas salas da instalación situada no lugar de Outeiro, a mostra é froito da doazón que Kappeler realizou á Fundación Museo de Artes. A súa comisaria, Nuria Kolb,
manifestou que esta é a primeira vez que unha exposición se centra exclusivamente nos gravados de Kappeler, conformándoa material non só do seu estudo na Costa da Morte, senón tamén de Hannover,
pois se trata dunha mostra que pretende abarcar as distintas etapas que rexistrou o autor. Subilñou que moitas das láminas conforman pasos previos para obras de maior formato.
Tamén Antón Castro, catedrático de Belas Artes, incidiu na obra de Kappeler e describiu a evolución experimentada dende a súa eclosión nos anos 60 cun estilo expresionisma e figurativo ata embarcarse coa chegada do posmodernismo nun compromiso iconográfico, mirada coa que “segue interpretando o mundo pero desde un Macondo particular que é Muxía”, afirmou.
Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes, agradeceu a doazón e loou a obra deste “artistazo”, como tamén fixo o vicepresidente, Javier Expósito, quen se confesou “impresionado”. O patrono da Fundación Daniel Buján eloxiou pola súa parte a contribución do Museo do Gravado na difusión da arte.
Tamén tomou a palabra o propio Detlef Kappeler, quen se mostrou moi contento coa mostra e tivo palabras de loanza á súa muller, tamén presente, que supón unha gran axuda para o seu trabalo.
O acto, que foi presentado polo director do Museo Pastor Rodríguez, mereceu o aplauso unánime do numeroso público congregado, cunha notable presenza de artistas da zona como Manuel Ayaso, Antonio
Pérez, Manuel Teira, Alfonso Costa ou Che Tembra.
A soprano Esperanza Mara puxo o acompañamento musical tanto ao principio como ao final coa súa prodixiosa voz e o seu violonchelo.

MUSEO DE ARTES EXHIBE A MAIOR EXPOSICIÓN DE GRAVADOS DO ALEMÁN DETLEF KAPPELER

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.