O Maio das Letras de Dodro acolleu a presentación de “Palmeiras, Puieiros”, de Anxo Angueira, no Souto de Manselle

30 Maio 2022

Os actos festivos das Letras Galegas en Dodro foron diversos e descentralizados. Tamén reivindicaron as importantes achegas locais á nosa cultura, non só poñendo o foco na necesidade de adicar a festa do 17 de maio ao poeta local Eusebio Lorenzo Baleirón, (Tarrío, Dodro, 1962) senón tamén incluíndo na axenda a presentación da nova obra de Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961), Palmeiras, Piueiros, publicada por Chan da Pólvora (colección Cova da lontra), e que está a ser un dos grandes éxitos editoriais da tempada no ámbito da nosa poesía (de feito xa chegou á segunda edición, segundo confirmou a editorial).

A presentación celebrouse no Souto de Manselle, na aldea natal do autor, o pasado 18 de maio pola tarde-noite, e contou coa presenza do músico local Secho achegando á presentación a vertente musical.

Palmeiras, Piueiros é o libro que marca o regreso de Anxo Angueira á poesía logo de quince anos de paréntese editorial. Loado por crítica e público, é un poemario intimamente ligado aos lugares nos que medrou o poeta, que pon o foco (tal e como se alude no título) na morte da palmeira de Manselle, que para Angueira viña sendo algo máis que un símbolo da riqueza natural, social, económica e paisaxística da súa terra, e por extensión de toda Galicia, senón tamén un emblema do rexurdimento cultural galego. A morte da palmeira foi o detonante dun pulo poético que Angueira descubriu verterse e espallarse en múltiples rumbos diferentes e complementarios, e Palmeiras, Piueiros é o documento fiel deste itinerario de descubrimentos (un abraio tras outro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.