O JEALSA Boiro proclámase campión galego en categoría júnior masculina

02 Maio 2022

O JEALSA Boiro proclamouse campión galego en categoría júnior masculina na fase final celebrada en San Sadurniño o pasado fin de semana. O equipo que adestra Adrián Alves impúxose no encontro decisivo aos anfitrións por 2-3 (25-21, 14-25, 25-15, 20-25 e 21-23). O choque decidiuse tras un apaixonante quinto set, no que o JEALSA Boiro concretou a remontada.

Ademais, o central José García, xogador do JEALSA Boiro, foi designado MVP da fase final do
Campionato Galego júnior. Na rolda de semifinais, o JEALSA Boiro impúxose ao Calasancias da Coruña por 0-3 (18-25, 13-25 e 16-25). O título conseguido polo JEALSA Boiro en categoría júnior súmase ao que, unha semana antes, lograra o cadro de categoría xuvenil masculina.

O xogador José García

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.