O Día das Letras celébrase a XIII Carreira Pedestre de Outes

04 Maio 2022

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XIII Carreira Pedestre de Outes, que está prevista para o vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 10.00 horas, con saída e chegada na praza de Galicia, na Serra.

Haberá tres distancias principais a percorrer: unha de 10.000 metros para as categorías adultos, e dúas de 3.000 e 1.000 para as e os deportistas xuvenís e infantís. Complétanse estas tres distancias con outras catro para benxamíns (450 metros), prebenxamíns (225 metros), pitufos (100 metros) e chupetes (50 metros). As inscricións cómpre facelas a través da web www.championchipnorte.com. Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición podemos dirixirnos ao teléfono 982816884 ou a consulta@championchipnorte.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...