O Concello de Boiro instala luminarias cebra para aumentar a seguridade de viaria de condutores e peóns

23 Maio 2022

O Concello de Boiro, ao abeiro da súa liña de traballo para mellorar a seguridade viaria para condutores e viandantes, instalou luminarias cebra nos pasos de peóns máis conflitivos dos distintos núcleos de poboación. En total estanse a colocar un total de 20 luminarias en zonas de pouca visibilidade nos cruzamentos de persoas máis transitados.

Dende o Consistorio explican que as luminarias cebra “son específicas para a iluminación dos pasos de peóns que, ademais de alumear toda a lonxitude do paso tamén contan cun indicador luminoso intermitente en cor amarela para chamar a atención dos condutores, sinalizando a presenza do paso en cuestión”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...