O Concello de Boiro dota dunha pérgola aos campos de fútbol de Vista Alegre

03 Maio 2022

O Concello de Boiro instalou unha estrutura cuberta tipo pérgola no acceso aos campos de fútbol de Vista Alegre. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron este martes 3 de maio as instalacións para coñecer o resultado das actuacións. O obxectivo deste novo equipamento foi “crear unha estrutura que servise de acubillo para as inclemencias meteorolóxicas”, sinalaron. Para iso, colocouse unha cuberta de 5 metros de ancho por 20 de longo para abrigar a zona de entrada como o espazo de tránsito entre os dous campos de fútbol cunha cuberta de policarbonato e con protección solar.

O orzamento das obras que se veñen de executar ascende a 48.329,78 euros.

Segundo confirmaron Romero e Torrado, as instalacións de Vista Alegre son as máis empregadas e nelas celébranse acotío adestramentos das categorías inferiores da EFM, competicións durante a fin de semana, partidos de veteranos e adestramentos do Boiro sénior e o equipo feminino.“Con esta actuación damos resposta a unha demanda das persoas usuarias das instalacións para a protección das inclemencias meteorolóxicas no momento de entrada e saída dos rapaces e rapazas”, afirmou o alcalde. O Concello de Boiro traballa na mellora e acondicionamento das instalacións deportivas do municipio xa que “é fundamental para a práctica deportiva contar con equipamentos axeitados”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.