O Concello de Boiro demanda á Consellería do Mar solución á problemática do sector mexilloeiro

24 Maio 2022

O Concello de Boiro vén de solicitar á Consellería do Mar información sobre os pasos realizados para poñer solución a problemática do sector mexilloeiro, unha problemática que segundo explican fontes do Executivo boirense “non está a te resposta por parte da Xunta”, de aí que os representantes do dito sector se puxeran en contacto co Goberno local na procura de “arranxar a situación que están a sufrir”.

O Concello tamén lembra que no mes de decembro o pleno da Corporación boirense aprobou por unanimidade a derrogación inmediata o artigo 13.2 polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e algas; a renuncia a aprobación de plans do percebe que impoñan cambios no marco legal existente para a recollida de mexilla; e o compromiso de que os cambios futuros se debatan no seo do Consello do Mexillón.

O Concello engade que o sector mexilloeiro é “un sector fundamental para a economía do municipio” que “nestes intres está a ver limitadas as condicións para o desenvolvemento idóneo do seu traballo”.

A respecto do devandito, o Consistorio quere trasladar á Xunta “que os bateeiros recoñecen que por parte da Consellería se comprometeron con eles en estudar as zonas do litoral con cría e sen percebes para poder desenvolver o seu traballo pero que a situación segue sen estar solucionada”.

O Goberno local tamén pon o foco na preocupación do sector sobre a situación na que se atopan, “xa que hai zonas do litoral que teñen cría e non percebe que seguen pechadas sen motivo algún e non reciben ningún tipo de resposta por parte da Administración autonómica”.

O Concello recorda que os bateeiros piden unicamente “que se revise o litoral” e que “se achegue información dos pasos que se realizaron nos últimos meses para poñer solución a esta problemática que afecta gravemente ao traballo dun dos sectores máis importantes para a economía boirense como é o sector mexilloeiro”, engaden dende o Consistorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...