Manuel Monteagudo presenta o vindeiro venres en Noia o seu novo libro de poemas, “Labirinto de soños”

22 Maio 2022

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial e a Sociedade Liceo de Noia organizan o vindeiro 27 de maio a presentación do novo libro de poemas do escritor noiés Manel Monteagudo, Labirinto de soños (Medulia). Será o vindeiro venres ás 20.30 h na Sociedade Liceo de Noia do Concello de Noia (rúa Alameda, s/n).

Amais do autor, está previsto que interveñan María Xesús Blanco (escritora e vicepresidenta de Barbantia), Antón Riveiro Coello (escritor e vogal de Barbantia) e Óscar Prego (presidente da Sociedade Liceo de Noia). A presentación contará tamén coa presenza da soprano local Esperanza Mara, que se encargará de achegar a vertente musical do acto.

Labirinto de soños é o segundo libro de poemas do autor, que desta volta enlaza dun xeito decidido coa rica literatura de tradición mariñeira en Galicia. Nestas páxinas hai tamén lugar para o amor, para o desexo, e unha certa desesperanza que conecta cos difíciles tempos que nos abouran. “Un raio de esperanza latexa nos seus versos”, anuncia a editorial na súa presentación.

Manel Monteagudo nunha presentación recente


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.