Máis de 200 corredores participaron nos dous percorridos do Xtosín Trail

23 Maio 2022

Este domingo 22 de maio celebrouse unha nova edición do Trail Xtosín (#XtosínTrail), que deparou aos participantes dous grandes desafíos deportivos de 42 e 21 quilómetros de percorrido e máis unha andaina de dificultade media con 14 quilómetros de percorrido polas incríbeis e espectaculares paraxes naturais de Porto do Son (a Andaina Xtosín). O evento veu unha máis da man de Arousa NEO coa colaboración de Cruz Vermella Noia e o Concello de Porto do Son. As carreiras polo monte (os dous percorridos do Xtosín Trail) reuniron a máis de 200 corredores. Na media maratón impúxose Óscar Guerra, do Club Cambados, seguido (a algo máis de un minuto) de Maxi Oubiña (tamén do Club Cambados) e Chema Quintián (Tribu). A deportista feminina máis destacada foi Ana Peña, que quedou de 27 na clasificación xeral, seguida de Mary Pombo e Cristina Ríos.

Iso polo que se refire á media maratón. No percorrido máis longo impúxose Carlos Lorenzo (Vértice), seguido de Pedro Traba (Club Atletismo Outes) e María Isabel Orcajada (Virxijianos Trail).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.