Máis avances no proceso para derrubar o Colexio de Portosín e levantar o novo inmóbel

03 Maio 2022

A praia de Coira, en Portosín, segue adiante no camiño da plena recuperación. E faino de xeito parello ao avance das xestións para o derrube do actual Colexio. Esta semana, sen ir máis lonxe, está previsto que Luis Oujo, alcalde de Porto do Son, se reúna co xefe da Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil, co obxectivo de estudar o borrador do proxecto para a recuperación do areal. Farano logo da visita efectuada por Eimil á dita contorna, o pasado 20 de xaneiro.

A cita será este 5 de maio, segundo fixo saber o rexedor Luis Oujo, quen detallou que o dito borrador é un importante paso adiante dun proxecto que vén de antigo no Consistorio: “Sempre foi a nosa intención recuperar esta contorna da praia e sempre soubemos que o colexio nunca se debeu emprazar na súa localización actual, non só polo valor ambiental deste espazo, senón tamén polos problemas funcionais e estruturais que carrexa o feito de estar levantado o edificio sobre unha duna”. Tamén fixo saber que “en dous meses como moito” poranse a disposición da Consellería de Cultura e Educación os terreos para a construción do novo inmóbel. Unha vez levantado o edificio procederase á demolición do actual. A previsión é que as obras duren uns nove meses.

A superficie que quedará libre trala demolición do dito previa acubillará unha área de lecer, que incluirá un novo parque infantil que achegue unha alternativa máis ampla e soleada ao existente na actualidade no centro da vila.

6.600 metros cadrados

Respecto do novo centro docente proxectado, contará cunha área dispoñíbel de máis de 6.600 metros cadrados, dos que a edificación en si mesma ocupará 2.666 metros cadrados, complementándose con trinta prazas de estacionamento interior. Disporá de dous andares, con tres unidades de Infantil e seis de Primaria, amais de comedor, pista cuberta, ximnasio, biblioteca e outras estancias. Amais, a nivel de deseño e construción, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da nosa Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica (tras o novo colexio de Milladoiro, Ames), a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID, un modelo que aposta de cheo pola amplitude de espazos, a integración na contorna, a accesibilidade e a versatilidade (veñen preparados para dar resposta ás necesidades do ensino das vindeiras décadas). Dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos, sendo a previsión de que estea rematado ao longo do curso 2023/2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...