Lousame recibe unha das 10 axudas que a FEMP concede a nivel nacional para realizar un proxecto de emprego dirixido a mulleres

13 Maio 2022

A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu esta mañá a décima reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Un encontro no que todas as persoas integrantes da Mesa tomaron a palabra para informar e compartir experiencias sobre as distintas actuacións levadas a cabo pola súa entidade no ámbito municipal de Lousame.
Silvia Agrafojo aproveitou para dar conta das actuacións realizadas polo seu departamento no último semestre e informar de que “a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) vén de concederlle ao Concello de Lousame unha das 10 axudas a nivel nacional, para realizar un proxecto de emprego dirixido á mulleres co obxectivo de mellorar as súas posibilidades de inserción no mundo laboral”. “Un proxecto semellante ao Aurora, que acometemos con moito éxito hai uns anos”, lembrou a concelleira.
Entre as actividades levadas a cabo, Agrafojo destacou que “dentro do servizo Lousame Concilia leváronse a cabo actividades de sensibilización en igualdade. No período lectivo, no que o servizo se presta durante unha hora e cuarto polas mañás, as nenas e nenos conmemoraron datas significativas como o día internacional contra a violencia de xénero e o día internacional da muller elaborando con debuxos e un mural”. Ademais, en colaboración cos centros Quérote + da Xunta, leváronse a cabo no CPI Plurilingüe Cernadas de castro uns obradoiros para mozos e mozas de 14 a 16 anos: “Re-conecta”, sobre a xestión do mundo virtual, e “Cultivando a autoestima”, para o crecemento persoal.
Tamén no ámbito do CPIP Cernadas de Castro, este ano volveuse realizar o programa “Lousame Coeduca”, sobre coeducación e promoción da igualdade de oportunidade. Un programa subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e que por primeira vez foi xestionado pola ANPA Alecrín, en colaboración co centro escolar. Finalmente, a través da Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, o Concello de Lousame organizou un obradoiro sobre violencia de xénero no contexto dixital, para o alumnado da ESO do Cernadas de Castro.
Na reunión participaron Pilar Cobas Cajuso, directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Cristina María Rial Budiño e Ana María Lema Rama, do posto da Garda Civil de Noia (equipo VIOXEN); Julia Veiro Justo, psicóloga do CIM de Noia; Ángela Mª Costa Santos, enfermeira Centro de Saúde de Lousame Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...