Intervidas case 600 pezas de roupa falsificadas nunha furgoneta en Rianxo

A Patrulla de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia incautouse de 599 pezas de roupa falsificada de marcas coñecidas no municipio de Rianxo e investigado ao seu propietario, un veciño da localidade de Sanxenxo , como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.

Ao verificar a carga da parte traseira do vehículo, os axentes observaron que «levaba gran cantidade de roupa de diversas marcas disimulada en bolsas de plástico», destacan as mesmas fontes.

Os feitos ocorreron cando a patrulla realizaba un control de verificación fiscal no acceso á ponte interprovincial que une Rianxo con Catoira e procedeu a dar o alto a unha furgoneta para a identificación do condutor. As prendas procedían de Portugal.

Garda Civil