Este xoves celébrase a xornada de compras que pon o broche de ouro á campaña do Día da Nai en Ribeira

25 Maio 2022

A Asociación de Empresarios de Ribeira informa de que a veciña premiada na campaña do Día do Nai, Mª Teresa Pérez Pampín, vai proceder este xoves 27 de maio a facer o gasto de 1.000 euros (o premio da campaña comercial) nos establecementos que participaron na actividade, tal e como estaba estipulado nas bases da mesma.

Ás 11:15h os representantes da patronal e do Concello e a máis a veciña agraciada estarán en Calzados Horacio, que foi o establecemento que repartiu o premio. Estarán presentes o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, o concelleiro de Comercio, Ramón Doval, a premiada e acompañándoa a personal shopper Mónica Pintos.

Á tarde, ás 16:00h, a Asociación de Empresarios impartirá unha charla baixo o epígrafe Armario Cápsula, na sede da patronal na rúa Rosalía de Castro.

Esta campaña está subvencionada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.