Entregado o Premio de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal para o doutor Cordón- Cardó e o científico galego José Tubío

O Premio de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramón Carregal chegou esta tarde á décima edición da súa categoría internacional e da terceira que convoca para Talentos Emerxentes, dous recoñecementos que recaeron no profesor de Patoloxía no Mount Sinai Health System de Nova York, Carlos Cordón- Cardó, e no investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago ( CiMUS), José Tubío.
O xurado refírese ao doutor Cardón- Cardó como “pioneiro da patoloxía molecular oncolóxica como disciplina académica e clínica” e define ao investigador José Tubío como líder dun equipo que “desenvolve ferramentas computacionales capaces de investigar o papel da variación xenómica na enfermidade do cancro”.

O acto de entrega que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos en Santiago estivo presidido por Ramiro Carregal, acompañado dos premiados, os membros dos xurados o Presidente do Parlamento de Galicia, oalcalde de Santiago e de Ribeira, entre outras personalidades.