En Boiro aínda hai prazas dispoñíbeis para participar no curso de formación en Operacións Básicas de Restaurante-Bar

23 Maio 2022

O Concello de Boiro ofrece esta tempada un curso de formación en Operacións Básicas de Restaurante-Bar, correspondente ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD). Esta acción formativa ten aínda aberto prazo de inscrición e, segundo confirmaron fontes do Consistorio, quedan prazas dispoñíbeis. O curso, de nivel 1, está dirixido a persoas desempregadas e consta de 368 horas de duración. Celebrarase entre os meses de maio e setembro en horario de 9.00 a 14.00 horas. O programa formativo inclúe módulos específicos e outros transversais para a integración laboral e tamén prácticas profesionais non laborais en empresas.

O número máximo de prazas ofertadas é de 15 e para participar é preciso estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O Concello lembra ás persoas que precisen máis información, que poden solicita no departamento local de Orientación Laboral, de xeito presencial na Casa Consistorial de Boiro, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico francisco.abuin@boiro.gal.

O Concello de Boiro desenvolve estas accións formativas para persoas desempregadas ao abeiro dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para accións formativas do Plan Formativo para o Emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...