Denuncian danos cun obxecto punzante no petróglifo da Gurita, en Porto do Son

10 Maio 2022

A Comunidade de Montes de Baroña, en Porto do Son, denunciou un acto vandálico sufrido polo petróglifo da Gurita que moi posiblemente produciuse esta pasada fin de semana “froito da ignorancia dun visitantes ou visitantes”, que, quizais por escoller unha mala hora para realizar a visitar ao lugar “repasou cun obxecto punzante os surcos dos gravados” de cinco representacións de cervos e unha do sol “para poder contemplalos mellor ou para que saísen mellor na foto”.
Uns feitos que xa foron postos en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, cuxos técnicos se desprazaban xa na mañá deste martes para avaliar ata onde chegan os danos provocados nas imaxes que compoñen un dos petróglifos máis singulares de toda a Serra do Barbanza.
Danos que, a priori, e segundo a propia Comunidade de Montes de Baroña, “poderían ser leves xa que os surcos poderían ser repasados cun pau, e non cunha pedra, que provocaría un dano irreparable”.

O que non evita que desde esta Comunidade de Baroña, que foi precursora de que se recuperou este pretoglifo da Gurita, composto por 70 cervos, un sol e un cercado para o gando e que se atopa moi próximo ao edifico onde ten a súa sede, denúnciense este tipo de actos “xa que aínda que somos os primeiros en querer dar a coñecer o noso patrimonio histórico coa premisa de coidalo e preservalo para xeracións futuras, tamén somos os primeiros en condenar estes feitos e tentar que non volvan suceder”.

Terminando a mensaxe que compartiron en redes sociais como Facebook cunha mensaxe dirixida ao autor ou autores deste acto vandálico “que se ve esta publicación, esperamos que senta totalmente avergoñado e arrepentido do que fixo”, concluíndo que “Ti tamén formas parte disto, cóidao!”

Outros artigos

Os Reis Magos xa iniciaron a súa xira polo concello de Porto do Son

As Súas Maxestades de Oriente están xa polo Barbanza e entre os moitos núcleos que teñen previsto visitar na súa intensa axenda de actividades figuran as parroquias de Porto do Son. Os Reis Magos visitaron MIñortos e Portosín a primeira hora deste 5 de xaneiro A xira...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.