Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da celebración do Día de Europa

09 Maio 2022

O Día de Europa celébrase cada ano o 9 de maio e nel conmemórase o aniversario da Declaración Schuman de 1950, que marcou o inicio da construción europea. O propio Schuman -ministro de Exteriores francés naquela época- lembraba a importancia de construír a paz a base de accións concretas cun forte espírito solidario e de unidade.

Durante os últimos 70 anos o mundo cambiou drasticamente, inclinándose na actualidade cara a unha nova orde xeopolítica na que os desafíos son cada vez máis complexos. O máis decisivo é, sen dúbida, a ameaza á estabilidade da paz en Europa coa invasión rusa de Ucraína na que, unha vez máis, Europa volveu demostrar que a unidade é a nosa forza.

Xa o demostrou coa pandemia sanitaria provocada pola Covid-19, cando todos os Estados Membros se uniron para combater as súas debilidades e saír máis reforzados, adoptando medidas sanitarias e económicas sen precedentes para a recuperación. O instrumento Next Generation EU e a estratexia do Pacto Verde son dúas accións estratéxicas para esta recuperación, destinadas a contribuír a acelerar unha tripla transición (socioeconómica, dixital e ecolóxica). O obxectivo é claro, crear unha Europa máis verde, dixital, socialmente xusta e resiliente, que deixe atrás o enfoque sectorial da política ambiental e do clima, para converterse na matriz económica e social transformadora da UE no seu conxunto.

Galicia debe seguir impulsando un modelo de crecemento sustentable a través do desenvolvemento das enerxías renovables autóctonas, para situarse á cabeza da enerxía eólica e de biomasa, do fomento da mobilidade sustentable, da transformación da industria galega de automoción cara a unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, así como da creación de centros loxísticos e do aumento da capacidade en investigación e innovación, entre outros.

O futuro da Unión Europea está en mans dos seus máis de 500 millóns de habitantes e a realidade demóstranos que os valores sobre os que se asenta a construción europea – democracia representativa, Estado de Dereito, defensa dos Dereitos Humanos e das liberdades públicas – non se deben dar por suposto.

Dende maio de 2021 a Unión Europea mantén un gran foro de consulta, a Conferencia sobre o Futuro de Europa, para dar voz a cidadanía e coñecer dende a raíz as súas preocupacións e ambicións. Neste eido, Galicia contribuíu activamente en temas que lle afectan especialmente, como os retos do envellecemento da poboación, a economía marítima ou a cooperación transfronteiriza. Para o deseño do proxecto europeo do futuro, a UE non se esqueceu da xente nova, declarando o 2022 “ano europeo da mocidade”, afianzando a premisa de que Europa só pode construírse sobre a base da solidariedade entre xeracións.

O futuro europeo embázase na actualidade coa incerteza provocada pola invasión rusa en Ucraína e as súas consecuencias, pero a xa iniciada axenda transformadora esixe manter de novo a unidade e unha resposta común da UE no seu conxunto.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...