Convocado un novo campo de voluntariado “Dunas de Corrubedo” para agosto

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vai celebrar este ano, en colaboración co Concello, o seu Campo de Voluntariado ‘Dunas de Corrubedo’ entre os días 6 e 17 de agosto de 2022.
A iniciativa, de ámbito internacional, está destinada a mozos e moza con idades entre os 18 e os 30 anos e hai 15 prazas en total.
Entre os traballos que se efectuarán no transcurso do campo figuran labores de mantemento de espazos naturais, reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de incendios ou labores de información e sensibilización ao visitantes,
Ademais, como accións complementarias, os asistentes terán lugar a oportunidade de participar actividades grupais guiadas, culturais, deportivas, de animación e convivencia ou de educación ambiental,
entre outras.
A cota por participar é de 110 euros. Para as persoas posuidoras do carné xove, do título de familia numerosa ou de familia monoparental, o prezo é de 82,50 euros.
Para máis información cómpre contactar coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (981 882 238 – camposdetraballo.xuventude@xunta.gal) ou co Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña (881 881 238 – camposcoruna.xuventude@xuntal.gal).