O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición do retro-festival de creatividade, música, artesanía e animación urbana Maio Vintage. Será este sábado 7 de maio durante todo o día na rúa peonil.
Haberá postos de artesanía, ilustración, artigos de segunda man… e tamén postos de colectivos locais como Unión de Muchachas, Cruz Vermella ou a Asociación Ambar para as persoas con diversidade funcionais. Tamén estarán presentes colexios de Infantil e Primaria da contorna boirense.
Esta é a axenda de concertos, actuacións de DJ e obradoiros creativos.
13.30h – Garzía de Los Jinetes del Trópico
20.00h – Elba
22.00h – Copa Turbo
23.00h – The Soul Jacket
DJs:
11.00h – Las hijas de ZP
11.00h – Baño Txeku
12.00h – DJ Matrek
17.00h – Crooked Savage
