Até 125 persoas participaron na XXXV Marcha Popular do Barbanza

09 Maio 2022

Na xornada do 8 de maio transcorreu a XXXV Marcha Popular do Barbanza que contou coa participación de 125 persoas. Varios autobuses partiron dende o aparcadoiro situado fronte á praza de abastos da Pobra do Caramiñal para dirixirse ata as inmediacións do miradoiro da Curotiña, punto de partida da expedición organizada pola Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza coa colaboración da Protección Civil pobrense.

Dende Deportes da Pobra lembran que o traxecto comprendeu 19 quilómetros e que a montaña foi a protagonista da andaina na xeira da mañá, percorrendo distintos lugares da serra como por exemplo o miradoiro de Torre de Inxerto.

Xa pola tarde, a camiñada dirixiuse ao bordo litoral, con meta nos castros de Baroña, onde as persoas asistentes recibiron unha charla sobre a historia deste poboado celta. O servizo de autobús habilitouse tamén para a volta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...