Aguiño celebra as Letras Galegas con xogos, obradoiros e un concerto literario para a rapazada

06 Maio 2022

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño compartiu a súa axenda para celebrar o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, adicado este ano ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.


Presentación das actividades, a cargo da presidenta da asociación Elvira Pisos acompañada de varias directivas como Rosa Millet, Teruca e Moncha Sampedro, Sara Reiriz ou Carmen Sampedro Caneda

A axenda de Aguiño, encadrada no Maio Cultural 2022 de Aguiño, incluirá actividades de lecer para a rapazada (inchables, refrescos e flases xeados a partir das 16:30 e ata as 19 h no parque da parte traseira do edificio do conservatorio de Aguiño), accións creativas (unha xornada de debuxo infantil, no propio local, de 17 a 21 h, na cal a cada neno e nena participante entregaráselle un agasallo conmemorativo do Día das Letras e unha rifa para un sorteo de varios lotes de libros en galego, 6 lotes en total) e un espectáculo musical a cargo de Truque Matruque (Unha Terra chea!) a partir das 19.00 horas. Por certo que Unha Terra chea! é unha función musical que fai un percorrido por poemas de todas as autoras e autores galegos homenaxeados no Día das Letras.

O programa vén da man da asociación en colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e varias empresas locais. A axenda inclúe unha xornada de portas abertas na Biblioteca Popular Francisco Lorenzo Mariño, na que se fará un convite a consultar os volumes acubillados ou levar en préstamo algún dos máis de 3000 exemplares que alberga a sala.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

O Concello de Ribeira mantén unha reunión coa veciñanza de Oleiros

O equipo do Goberno municipal de Ribeira mantivo unha reunión coa veciñanza da parroquia de Oleiros co propósito de informar das actuacións que o Consistorio está a levar a cabo na parroquia e para recoller todas as inquedanzas que ten a veciñanza en diferentes eidos....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...