“Agresións sexuais” – José Manuel Pena

12 Maio 2022

Mandas de Manresa, mandas de Sabadell, mandas de Alacante, mandas dos Sanfermíns, mandas dos xogadores da Arandina e outras tantas agresións poñen en evidencia que hai un claro aumento das agresións sexuais múltiples, no noso país.

Son numerosas as asociacións de mulleres que manifestan claramente e con tristeza que “a violencia sexual non acabará ata que a vergoña social recaia sobre os violadores e non sobre as vítimas”. Por desgraza, nalgúns sectores sociais aínda segue vixente a crenza ancestral de que a muller é responsable das agresións sexuais, lembrando tempos escuros do pasado onde había milleiros de agresións e violacións a mulleres que quedaban impunes baixo a lei do silencio cómplice ou coa desculpa estúpida da vergoña familiar.

A escritora e activista, Mabel Lozano, sinala nun dos seus libros que “o putero non compra sexo, senón dominio e submisión sobre a muller”. Non lle falta razón, desgraciadamente.

Decenas e mesmo centenares de casos de agresións sexuais, principalmente a menores de idade, son denunciadas nos últimos anos no noso país. Imaxinemos os outros centenares de casos que se producen realmente e as vítimas non os denuncian por medo ou vergoña social. Hai que pensar, como recoñecen as asociacións e colectivos de mulleres que “as vítimas non convocan roldas de prensa habitualmente”.

Por outra banda tamén hai que lamentar certas actitudes dalgunhas persoas, familiares e veciños dos violadores e agresores sexuais, condenados xudicialmente, e que lles consideran “vítimas inocentes”, coma se fosen un exemplo a seguir para o resto de “machistas sen escrúpulos”. Vergoñoso.

                            

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.