Achados 10 quilos de cogollos de marihuana nunha vivenda incendiada de Rianxo

20 Maio 2022

O incendio rexistrado este xoves nunha vivenda da localidade coruñesa de Rianxo volveu a converterse en noticia despois de que a Garda Civil do Posto de Rianxo e efectivos do Posto de Padrón informasen da aprehensión de 10 quilogramos de cogollos de marihuana no interior da mesma e que os axentes se atoparon mentres se realizaba o rescate da camada de cans que se achaba no seu interior.

Segundo informa a Benemérita, os feitos ocorreron tras chamada efectuada polo COC (Centro Operativo Complexo) da Comandancia da Garda Civil da Coruña sobre un incendio na zona de Ourolo- Rianxo.

Ao lugar desprázase a patrulla do Posto de Padrón, bombeiros de Boiro e Policía local de Rianxo, confirmando que o inquilino da vivenda non se atopaba na vivenda nese momento e observando as forzas actuantes que no interior da mesma había unha gran cantidade de bolsas termoselladas e envasadas ao baleiro que contiñan unha substancia de cor verde que puidese tratarse de cogollos de marihuana.

Garda Civil

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...