A Pobra, sede da terceira etapa da Volta Ciclista á provincia da Coruña

27 Maio 2022

A Pobra do Caramiñal, 27 de maio de 2022.- A XIX Volta Ciclista á provincia da Coruña constitúe un grande espectáculo deportivo que se desenvolverá do día 27 ao 29 de maio con Ortigueira, A Laracha e A Pobra do Caramiñal como sedes das tres etapas desta edición que discorrerá ao longo de 400 quilómetros co impulso da Deputación da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo. Reunirá preto dunha vintena de equipos participantes da categoría elite sub-23 e suporá a mobilización de aproximadamente un milleiro de persoas, entre ciclistas, organización, público e familiares.

O municipio pobrense acollerá no 29 de maio a terceira etapa da proba que partirá da praza Alcalde Segundo Durán para percorrer distintos concellos do Barbanza e culminar na Curota coa entrega de premios. A saída efectuarase ás 10.00 horas para completar un total de 116’4 quilómetros.

Na presentación desta fase da volta, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, manifestou que, despois de dous anos de parada producidos pola pandemia, “estamos moi ilusionados por rescatar unha das mellores probas que temos no ámbito nacional”, onde se conxugarán deporte e paisaxe, “que quedará na retina dos participantes e de tódolos espectadores.”

Neste aspecto tamén fixo fincapé o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen explicou a decisión de rematar na Curota polas características do tramo. O rexedor referiuse, ademais, á repercusión que terá este evento deportivo para a localidade, pois converterase tamén nun medio para a promoción da riqueza paisaxística, cultural e gastronómica, polo cal expresou o seu agradecemento á institución provincial por elixir neste 2022 A Pobra, especialmente nun ano en que o ciclismo está tendo moito auxe despois de que Barbanza Arousa apostase tamén pola I Challenge Volta Barbanza A Orixe. Neste senso, o mandatario local apuntou que “agardamos que marque unha liña para seguir nos próximos anos.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.