A Pobra aposta novamente polo turismo náutico para o verán

25 Maio 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal e a empresa Piratas de Nabia colaboran polo cuarto ano
consecutivo para ofertaren sete travesías ao Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas e unha saída para coñece-la Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla; un conxunto de viaxes en catamarán que reforzan a aposta por diversifica-la oferta turística por parte da Administración local cara á época estival, cun calendario de actividades de lecer que se irá incrementando.
A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Ángeles Tubío, manifestou que se impulsa este programa, pois “é un gran reclamo”, proporcionando así distintas
experiencias.
As travesías náuticas inauguraranse no 19 de xuño coa visita ás Cíes para, no día 25, dirixirse a Sálvora, na coñecida como ruta Starlight.
No mes de xullo terá lugar a excursión a Ons, no día 10, e regresarase a Sálvora, no día 17. Ademais, navegarase pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, no Día de Galicia, 25 de xullo.
As viaxes proseguirán no mes de agosto coa volta a Ons e Sálvora, nos días 14 e 28 respectivamente.
E, finalmente, concluirán no 11 de setembro co retorno ás Cíes.
As reservas débense formalizar con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048.
Habilítanse tamén tres canles para a resolución de dúbidas: www.apobra.gal/turismo, 671090262 e 687482835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque
Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...