A Pobra acollerá formación sobre emprendemento

04 Maio 2022

A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal vai acoller unha acción formativa sobre planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas. A actividade, encadrada no programa de formación que a Deputación da Coruña achega á localidade ao abeiro do PEL Emprego Sustentábel no ámbito rural, contará coa colaboración da Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

O obxectivo deste programa de balde é “desenvolver o talento emprendedor, mellorando os coñecementos e as competencias emprendedoras para fomentar a empregabilidade, incrementando as posibilidades de inserción laboral”, lembrou o Concello, engadindo que está dirixido a persoas desempregadas de longa duración, mocidade, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade e outros colectivos. As prazas son limitadas e as inscricións pódense formalizar a través do enderezo electrónico aedl@apobra.gal. O paso seguinte será a selección das persoas beneficiarias baseada na realización de entrevistas individuais seguindo os criterios técnicos e específicos predefinidos.

As aulas impartiranse da man da compañía Adecco Learning & Consulting, de luns a venres, en horario de mañá. A formación específica (120 horas) comezará no 13 de maio e estenderase ata mediados de xuño para dar paso ao eido transversal (12 horas) que terá lugar nos días 17, 20 e 21. No que respecta á formación complementaria (60 horas), transcorrerá dende o día 22 de xuño ao 8 de xullo e, finalmente, desenvolverase o período de prácticas (120 horas) que rematará na segunda semana de agosto. Ademais, o programa inclúe 34 horas de titorías co alumnado participante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.