A Pobra acolle esta fin de semana a oitava edición da Concentración SinFrenos

18 Maio 2022

A Pobra do Caramiñal vai acoller esta fin de semana, os días 21 e 22, a oitava edición da Concentración Moteira SinFrenos. Os detalles desta quedada foron dados a coñecer este mércores pola concelleira de Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ana Romero; e Sonia Villar, José Manuel López e Juana Parada, presidenta e socios do club respectivamente. Trátase dun acontecemento organizado polo Motoclub SinFrenos en colaboración con varias entidades, incluído o Concello da Pobra.

A apertura da cita será ás 16.00 horas do día 21 coa formalización de inscricións e exhibición de adestramentos da escola de pilotos Ikeric Racing. Logo, ás 18.00 horas iniciarase unha ruta con parada no Bar Olivo Blanco para uns petiscos. De volta, na praza Alcalde Segundo Durán comezará a actuación de Paxaradas, ás 19.30 horas, ademais duns xogos moteiros a partir das 20.00 horas. Finalmente, a cea producirase no Centro Sociocomunitario, ás 22.00 horas, e a festa volverá á praza Alcalde Segundo Durán con Planet Disco Móvil a partir das 00.00 horas.

O 22 de maio realizarase o almorzo no Centro Sociocomunitario, ás 10.00 horas, para se botar novamente á estrada con dirección ao Restaurante Valverde, onde se ofrecerá un aperitivo, ás 12.00 horas; regresarase logo ao Centro Sociocomunitario para o xantar, ás 14.30 horas, así como para efectuar aa entrega de trofeos e sorteo de agasallos.

As e os motoristas aínda están a tempo de se sumaren a esta cita mediante os teléfonos de contacto 636501322 e 616134404.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.